EU -1 Xuño 2.021-.jpg

Hai oportunidades históricas que as Organizacións e as persoas demócratas temos que apoiar a fondo.

Dende que o independentismo catalán gañou por maioría absoluta as eleccións cataláns, liderado por Esquerra Repúblicana de Cataluña -a cal apostou fortemente polo DIALOGO cas autoridades políticas españolas -, o Goberno Español está apostando fortemente polo DIALOGO como proba a súa decisión de indultar aos presos políticos cataláns.

A aposta de ERC é forte porque unha parte importante do independentismo está en contra dos indultos e que merecen a amnistía xa, e a aposta do Goberno Español é forte porque, salvo en Catalunya e Euskadi, bastante xente está en contra dos indultos seguindo a política destrutiva do Partido Popular e Vox que queren aplastar ao independentismo, ao Goberno Español, e a todas as Organizacións e persoas demócratas, utilizando un sentimento tan importante -e tan fácil de manipular en todos os países como é o sentimento patrio-, sentimento que se esquece e tapa o esencial: manter unha Sociedade Desigual na que sigan mandando persoas ricas, poderosas, que tributan fiscalmente pouco aquí, e nada fóra, mentres a maioría gañamos pouco aquí e tributamos demasiado.

A campaña de sinaturas do Partido Popular en contra dos indultos está resultando un fracaso -tamén en Galicia onde goberna o PP de Feijóo-, como foi un fracaso a manifestación deste domingo.

Son dous feitos importantes porque amosan que cada vez hai máis xente – fora de Cataluña e Euskadi – que, dalgunha maneira están fartas de tanto conflito, e ven que o DIALOGO é unha saída viable.

Quen máis quen menos, sabe das enormes dificultades dunha negociación que vai ser moi dura, e que o será máis porque se conxuntarán, na práctica, o nacionalismo español extremista que axitará un millón de veces a mentira de que “España se rompe”, co nacionalismo catalán maximalista que axitará un millón de veces “Catalunya independente”.

E un momento histórico importante. Unha oportunidade histórica única. E situacións así necesitan dirixentes do Goberno intelixentes e valentes -nomeadamente @s do PSOE -, apoiados polas demais Organizacións e persoas demócratas.

Nen no mellor dos casos lograráse a conciliación perfecta. Exactamente igual que nunha Sociedade Capitalista que, nen no mellor dos casos, haberá unha completa Xustiza Social.

Pero, unha cousa é un idealismo imposible,e outra, que se produzan cousas totalmente inaceptables como que o Goberno -nomeadamente o PSOE, pero tamén o socio minoritario de UP – non se planten ante as Eléctricas porque hai cen mil medidas de frealas absolutamente, pero, como no da custión con Catalunya, fai falta intelixencia e valentía.

Moita xente non queremos o paraíso.

Queremos unha Sociedade con moita máis liberdade, máis igualdade, máis xustiza social, máis agradable, máis cordial………que vaia acorrralando ás Organizacións e persoas destrutivas.

Foto RTVE