A Comunidade de Madrid está gobernada polo Partido Popular dende o 2.003.

Galicia está gobernada pol PP dende 2009.

En ámbalas dúas Comunidades os Poderes Económicos queren que goberne o PP. O 95% dos medios de comunicación controlados por estes Poderes realzan os «logros» do PP, ocultan os seus fracasos, e lanzan unha campaña feroz contra os rivais.

Ao tempo, en tantos anos, constrúen unha impresionante máquina clientelar que favorece con cantidade de cousas aos Concellos gobernados polo PP, e ás súas entidades privadas amigas -Domus Vi…..-.

En Madrid e en Galicia hai moita xente conservadora, e tamén xente que quere vivir en Madrid como antes da pandemia,  botando á razón e á liberdade ao fondo da merda.

Convencid@s de que España é súa cando España é da banca multinacional, e dos seus millonarios comezando por Amancio Ortega, Sandra Ortega, Rafael del Pino -Ferrovial-, Miguel Fluxá -Iberostar-,Juan Roig -Mercadona-, Florentino Pérez…..mentres que o PP de Isabel Díaz Ayuso e o Vox de Abascal son uns bos monicreques que reciben a paga correspondente de diversas maneiras.

Fronte a este super exército hai uns pequenos destacamentos cuxos dirixentes -apoiad@s por vari@s hooligans- adícanse a loitar entre eles a ver quen saca mais, sabendo que sen unha unión preelectoral, a dereita gañará amplamente en Madrid e en Galicia.

E así foi.

A dereita gañou amplamente en Madrid e Galicia.