Cando empezouse a falar das vacinas e só falabase das norteamericanas Pfeizer, Moderna e da anglo-sueca AstraZeneca, pregunteime porque a Unión Europea non se lanzaba a por unha vacina europea.

E unha gran pregunta, sobre todo porque -segundo a consultora Brand Finance, unha das máis importantes do mundo en valoración e estratexia de marcas  – no seu informe do 2.019 puxo que a farmaceútica Roche  -suiza – é a máis importante do mundo cun valor de  marca de 6.919 millóns de dolares, sendo segunda a alemana Bayer valorada en 6.209 millóns de dolares, mentres que a norteamericana Pfeizer é a terceira valorada en 4.776 millóns de dolares.

POR QUE A UNION EUROPEA NON FABRICOU UNHA VACINA EUROPEA?

Con estes datos, engadido científicos a tope, material necesario…..non se entende que a Unión Europea non quixera facer unha vacina europea que dependera só da Unión Europea.

Este é o feito evidente e irrebatible.

Un feito dunha importancia extraordinaria.

Este feito de extraordinaria importancia non foi destacado por case ninguén, nin dereitas  nin esquerdas nin nacionalismos, foran partidos ou medios de comunicación de todas as cores.

Resulta asombroso, a primeira vista, salvo que indaguemos na natureza política-económica das relacións entre os Estados Unidos e a Unión Europea.

ESTADOS UNIDOS, A TRAVES DAS SUAS EMPRESAS FARMACEUTICAS NORTEAMERICANAS, TEN DOMINADO A UNION EUROPEA

No caso concreto das vacinas contra o coronavirus, Pfeizer e Moderna, totalmente apoiadas polo goberno norteamericano -un único goberno – incrustáronse totalmente nos distintos gobernos europeos, incapaces de dar unha resposta única porque cada goberno ten intereses diferentes, e por motivos imposibles de demostrar como que políticos europeos, que científicos europeos -incluídos os da Axencia Europea de Medicamento -, que medios de comunicación europeos foron mercados por Pfeizer e Moderna, e que acordos político-comerciais houbo ca suiza Roche e ca alemana Bayer – que como Pfeizer e Moderna operan en todo o mundo – , isto produxo o tremendo resultado de que a Unión Europea non quixo nin quere fabricar unha vacina europea que dependa só da Unión Europea.

A UNION EUROPEA, FROITO DAS SUAS PROPIAS CONTRADICCIONS, QUEDOU PRISIONEIRA DE PFEIZER, MODERNA E ASTRA ZENECA

Pfeizer, Moderna xogaron ca Unión Europea, convertida en xoguete, obligándoa a que lles adiantaran millóns de euros para gañar – e non perder diñeiro – no desenrolo das vacinas; obligándoa a asinar que as empresas non serían responsables dos problemas que houbera ca aplicación das vacinas, e chegando á humillación de non darlle as doses acordadas.

Ata a anglo-sueca AstraZeneca, impulsada polo goberno británico, permitiuse o luxo de humillar á Unión Europea non dándolle as doses acordadas, sabedor o goberno británico e Astra Zeneca que a Unión Europea non ía fabricar a vacina.

É tan espectacular o fracaso da Unión Europea que xa están negociando acordos cas norteamericanas Pfeizer, Moderna, Johnson & Johnson  -productora da Jansen, que chega estes días a Europa – cara a pagar millóns e millóns de euros para mercar vacinas para os anos 2.022 e 2.023.

Mentres tanto, na EMA – Axencia Europea de Medicamento – presunta Axencia científica, imparcial, neutral- que de neutral non ten nada porque todas as grandes multinacionais farmaceúticas teñen mercado a cantidade de científicos de todo o mundo, e unha proba evidente é que a EMA  leva varios meses sin querer definirse sobre as vacinas Cure Vac – alemana- , Novavaz – norteamericana-, a rusa Sputnik, mentres que a norteamericana Jansen foi presentada hai pouco na EMA e xa aprobárona.

Os feitos son tan evidentes que só a inmensa propaganda occidental tapa esta realidade.

Igual que tentaron tapar como a Sputnik -dentro desta gran guerra política comercial a nivel mundial- leva meses aplicándose en varios países de América Latina, que a mercan en condicións infinitamente mellores que as que dictan as norteamericanas, pero xa non poden seguir tapando máis porque Hungría e Eslovaquia se apartan da Unión Europea e mercan a Sputnik e outras chinas, ao tempo que Alemania – por necesidade de aplacar fortes críticas internas, ou para presionar a algúns gobernos europeos, ou para presionar ás farmaceúticas norteamericanas e a anglo suiza AstraZeneca, ou por unha mescolanza de todo, fala abertamente de negociar a compra da Sputnik.

O GRAN FRACASO DA VÍA OCCIDENTAL PARA TRATAR A PANDEMIA

A vía occidental é moi sinxela.

QUE OS PODERES ECONOMICOS -QUE SOSTEÑEN AOS ESTADOS- PERDAN O MENOS POSIBLE.

Isto implica que funcionen os sectores económicos ata que a pandemia infecte e mate a tanta xente, que todos os gobernos occidentais – e  todos os autonómicos do Estado Español – se vexan obligados a restrinxir a actividade económica e limitar a mobilidade, para volver a restrinxir menos cando baixa o número de persoas afectadas e mortas.

Dito dunha maneira clara. Para os Poderes Económicos Occidentais -que mandan nos Estados- , os seus axentes políticos, os seus axentes mediáticos, o fundamental é perder o menor diñeiro posible, e toda a dor que causaron, que causan e que causarán  en millóns de persoas,  son para eles DAÑOS COLATERAIS.

O PRESENTE COMO CONSECUENCIA DO PASADO

A partir da gran crise económica que estalou primeiro en Estados Unidos no 2.007, continuando despois en Europa, os Poderes Economicos Occidentais tamén quixeron perder o menor diñeiro posible e mantiveron o sistema capitalista a base de que os Estados en quebra -España, Grecia, Portugal e Irlanda- aceptaran ser rescatados con moitos millóns da Unión Europea, sempre que ese diñeiro fora para salvar aos bancos quebrados, e fora deteriorado todo o Sistema Laboral e todo o Sistema Público Social, recortando dereitos laborais, económicos, sociais, e impulsando unha privatización salvaxe de Servizos Públicos.

Tamén aquí, os Poderes Económicos Occidentais, cos seus axentes políticos e os seus axentes mediáticos, impuxeron unha dictatorial política na cal, todas as persoas afectadas fomos DAÑOS COLATERAIS.

DENDE O GOBERNO DO PARTIDO POPULAR DE RAJOY A EXPLOSION DA PANDEMIA DO CORONAVIRUS

Coñecemos de sobra a política do goberno de Rajoy -aplicada mimeticamente nas Comunidades Autónomas gobernadas polo Partido Popular como Galicia – de desmantelar todo o que poideron ao Sector Social Público practicando a máxima privatización salvaxe que, ao explotar a pandemia, deixou ao descuberto o dano feito na Sanidade Pública e na Política Social.

Diante dun virus descoñecido en todo o mundo de como tratalo, o goberno de coalición PSOE-UP atopouse con problemas imposible de resolver a gusto de todos, máximo cando tivo a oposición salvaxe do Partido Popular, Vox e Cs, e aínda así logrou acordos sociais de importancia.

Sí fallou gravemente -visto o drama que vivía Italia- en dar o visto bo ás probas para os casos atípicos de neumonía que ingresaban nos hospitais o que conlevou que reaccionara tarde en tomar medidas, propiciando que o virus fora extendéndose, como fallou seriamente en ter tardíamente equipos de protección individual.

Na Sanidade Pública -competencia das Comunidades Autónomas – deteriorada en xeral, e moi especialmente nas gobernadas polo Partido Popular co apoio de Vox e Cs, o desmantelamento feito na época de Rajoy tradúxose nunha grave falta de recursos humanos e materiais, que, no caso de Galicia, a Xunta do Partido Popular de Feijóo aínda segue sen resolver contratando máis persoal nos hospitais, centros de saúde, sendo dramático para as persoas enfermas e seres queridos que o sistema de rastreadores fora un desastre.

Hai unha palabra máis grave que desastre no feito de que as Consellerías de Sanidade e Política Social impediran que se trataran nos hospitais a moitas persoas que viviron un calvario -elas e seres queridos – nas Residencias de Maiores.

E agora un matiz de enorme importancia.

O 99 por cento das persoas maiores infectadas, así como das traballadoras e traballadores, tanto en Galicia como no resto do Estado Español – infectáronse en RESIDENCIAS PRIVADAS -sexan con prazas totalmente privadas, sexan RESIDENCIAS PRIVADAS cunha porcentaxe de PRAZAS PUBLICAS CONCERTADAS ou sexan Residencias Públicas de XESTION PRIVADA.

Por qué o que ocorreu nas PRIVADAS non ocorreu nas PUBLICAS?

Moi sinxelo. E moi dramático.

O criterio fundamental dunha RESIDENCIA PRIVADA E GAÑAR MOITO DIÑEIRO, o que implica unha gran explotación laboral en salarios, condicións de traballo e pouco persoal, e gastar o mínimo na atención ás persoas maiores en alimentación, hixiene, coidados….. -. Xurde un virus potente que non ten tratamento que, dadas as condicións das RESIDENCIAS PRIVADAS, é o perfecto caldo de cultivo para causar un gran dano ás persoas máis vulnerables.

E outro matiz importante. Nin o goberno estatal PSOE-UP, nin ningún goberno autonómico de calquera cor, nin ningún gran partido, e case ningún medio de comunicación -incluídos case todos os dixitais minoritarios de esquerdas ou nacionalistas – fan a distinción de RESIDENCIAS PRIVADAS e RESIDENCIAS PUBLICAS.

Menos mal que hai boas excepcións. Destacar o extraordinario traballo feito polo xornalista galego Manuel Rico -Director de Investigación de INFOLIBRE – sobre os FONDOS DE INVERSION  e as RESIDENCIAS PRIVADAS, con varios artigos que se poden ver poñendo, por exemplo, no buscador de Google palabras como Manuel Rico – Residencias de Mayores – InfoLibre -, así como aproveito para facerlle propaganda do libro que acaba de editar Planeta: “VERGUENZA. EL ESCANDALO DE LAS RESIDENCIAS”.

Estaba con que case ninguén fai distinción entre RESIDENCIAS PRIVADAS e PUBLICAS.

POR QUE?

Porque ningún goberno autonómico fai en Galicia, e no resto do Estado Español, RESIDENCIAS PUBLICAS, debido a que as Residencias Públicas son moi problemáticas de xestionar, e resulta máis cómodo dalas á XESTION PRIVADA, ou dar un montón de diñeiro público a RESIDENCIAS PRIVADAS a cambio de que teñan unha cantidade de PRAZAS PUBLICAS CONCERTADAS.

E non só por comodidade, senón porque a dereita potencia abertamente ás RESIDENCIAS PRIVADAS por coincidencia ideolóxica e económica, mentres que a pseudo esquerda, a esquerda, o nacionalismo gobernante -Cataluña – dín un pouco de todo pero, na práctica, fan o mesmo que a dereita.

A consecuencia é obvia. Si os PODERES PUBLICOS non fan Residencias Públicas, e cada vez hai máis persoas maiores, que, por diversos motivos, necesitan ir a unha Residencia, esta situación da pé a que todo tipo de Empresas Privadas fagan RESIDENCIAS PRIVADAS porque é un negocio multimillonario, anque non tan multimillonario como o das vacinas.

TODA A ESPERANZA DOS PODERES ECONOMICOS OCCIDENTAIS E QUE AS VACINAS OCCIDENTAIS FUNCIONEN NA MAIORIA DA XENTE

A vía occidental de que o capitalismo perda o menos posible pasa, inevitablemente, en que as vacinas occidentais controlen o coronavirus na maioría da poboación.

A propaganda lanzada é que funcione no 70 % da poboación, xa que produciría a chamada inmunidade de rebaño que alcanzaría a toda a poboación.

Pura propaganda. Non só non hai ningunha garantía de chegar a unha inmunidade de rebaño senón que o PODER ECONOMICO OCCIDENTAL NON NECESITA AO 100 % DA XENTE.

Necesita que estea inmunizada un 60, 65, 70 % da xente.

Si necesitaran que estivera inmunizada o 80-90 %, prepararían vacinas para toda a xente. Pero iso supón que o Poder Económico Occidental e os Estados sustentados por dito Poder, terían que pagar moito máis ás farmaceúticas e non haberá diñeiro para tanto. Así que vacinas só para o 70  % das persoas, e a partir de aí, todas as persoas que se infecten, sufran, morran, dor causado…… SERAN DAÑOS COLATERAIS.

A día de hoxe o coronavirus só está controlado -utilizando métodos distintos – na China, Nova Zelanda e Islandia.

Quen queremos vivir ca mellor seguridade posible, non podemos aceptar o que quere o Poder Económico Occidental.

Anque non logremos que o olmo dea peras, difundamos todo o que queramos e podamos, que queremos unha vacina europea, e ademais das de Pfeizer, Moderna, AstraZeneca, Jansen, que tamén haxa a rusa Sputnik, a norteamericana Novavax, a alemana Cure Vac e as tres vacinas chinas que están funcionando.

E difundamos todo o que queramos e podamos, que todo o mundo sexa vacinado, polo ben de todo o mundo, e porque si o mundo pobre non é vacinado, o coronavirus volverá trasladarse ao mundo non pobre.

Non caigamos na trampa de que co 70 % da xente inmunizada, vaise producir unha inmunidade de rebaño.

LOITEMOS CONTRA OS ANTIHUMANOS DAÑOS COLATERAIS.

O lóxico, o decente, o humano é que sexamos vacinad@s o 100 % das persoas.