Nos últimos dias viu-se unha maniobra de «enxeñería política» de Podemos contra Teresa Rodríguez en Andalucía, unha purga mais no seno do partido de Pablo Iglesias.
Ben e certo que Teresa Rodríguez xa non estaba, de facto, no partido morado, mais tamén e certo que Adiante Andalucía representaba ese ideario, (mais ou menos), no parlamento andaluz.

A xogada é sinxela. 
O conformarse Adiante Andalucía como ente político propio depois das eleccións, Adiante Andalucia ten no parlamento xente propia, e xente afín a Pablo Iglesias, estos últimos propoñen a cámara andaluza expulsar do grupo parlamentario de Adiante Andalucía a os afins a Teresa Rodríguez, (que son os representantes reais de Adiante Andalucía), e quedan eles coa portavocía do grupo, co único obxectivo de fagocitar a Adiante Andalucía e quedar cos cartos de asignación o grupo parlamentario
Os feitos son unha copia do ocurrido con En Marea en Galicia, mais existe unha diferencia, en Galicia En Marea non tiña a unha líder como Teresa Rodríguez
O que è verdadeiramente asombroso e ver como os incondicionais de Pablo Igrexas  e Irene Montero se creen de verdade que eles son «a verdadeira e única esquerda» existente, e posible…todo o demais é deserto
Chaman de traídor a todo o que non baixa a cabeza e decide que non acepta imposicións mesiánicas, toman actitudes discriminatorias con todos e con todo aquel que disienta, e acaban por facer que todos os fundadores de Podemos marchen de xunta de Pablo, pero non son capaces de ver que iso, precisamente iso é esas actitudes, són as que dividen a esquerda, e non que os agraviados busquen facer o que se queria facer nos inicios de podemos no 2014, incluso mellorado se pode ser
Todos os que se foron de Podemos…a Chunta, Equo, Compromis, terminaron pactando con Más País de Errejon, (que previamente tivo que marchar tamén), agora Adiante Andalucía tamén se vai, veremos se non acaba no mesmo lugar que os anteriores polo que, se de un lado os botan e noutro se xuntan…¿quen se diría que une e quen que divide?
Os incondicionais de Pablo e Irene non son capaces de mirar o qué están a facer no seu partido:
1-Pactar con  VOX para poder expulsar a Teresa
2- Pactar co PP cando teñen que subirse o salario propio
3- Pactar e gobernar co PSOE cando  crucificaron a  Errejón por dicir que era necesario pactar co PSOE
4- Que de todos os fundadores de Podemos só quede Pablo, os demais fóronse
5- Non ter partido, porque o  fagocitaron, en Galicia e en Catalunya, ou telo minúsculo  é insignificante en Andalucía
6- Perder votos e escanos en cada proceso electoral
7-  Fagocitar os  circulos
8- Incumprir todas as bases fundacionais do partido
9- Incumprir unha parte do código ético actual
10- Perder o apoio de  Equo, a  Chunta,  Compromis,  Anticapitalistas, e unha parte dos afiliados de EU
Pero tranquilos, dirán que os traidores son os outros, que os demais son os que dividen, que só poden presentarse eles, porque o seu «fanatismo» lévalles a pensar que teñen a patente da esquerda, que son a única esquerda posible.
Por sorte iso non é verdade, nin de lonxe, existen outras opcións, hoxe en día aínda non consolidadas de todo, pero que crecerán e asentaranse aos poucos, existe unha esquerda verde entre Máis País (ecosocialismo) e  Equo (ecoloxismo), que progresará como antes fíxoo en Europa, unha esquerda capaz de unir e integrarse, de chegar a acordos con outras esquerdas nacionais como Compromis ou a Chunta, (quen sabe se un día o BNG), e existe un líder estatal novo, sereno e capaz, como é Íñigo  Errejón, que poderá liderar este camiño
Mentras o camiño se anda e se vai facendo, outros colaboran como mellor poden facelo, alguns creando partido en rexións sen nacionalidade histórica como Mais Rexión de Murcia, outros creando municipalismo con organizacións locais como Mais Porriño na Galiza, e todos intentando levar o mensaxe de que outra esquerda, mais amable, mais sensata, mais plural, mais útil, e mais verde é posible