Partamos dunha data determinada. Dende que rematou o Estado de Alarma. 21 de xuño.

Imos ao 22 de xuño no cal os Gobernos Autonómicos volven ter as competencias en materia de Sanidade.

Viviramos un calvario e moi especialmente as persoas que sofriron moito antes de morrer, así como os seus seres queridos, e moi especialmente, moito moito, as persoas maiores que morreron en Residencias de Maiores – a quen se lles impediu o dereito constitucional á asistencia sanitaria nos hospitais, algo que segue ocorrendo hoxendía-.

Todo o mundo tiñamos claro que había que afortalar o Sistema Público Sanitario, de Servizos Sociais, Educativo, e apoiar a tope a outros Sectores afectados.

En vez diso asistimos a unha tola carreira entre os Gobernos Autonómicos para ser os primeiros en chegar á meta da “nova normalidade”.

E uns máis, outros menos, aplicaron a conciencia a continua política de que o fin xustifica os medios.

QUE FOI O MAIS DESTACABLE FEITO?

A inhumana e inmoral campaña do Partido Popular e Vox para desgastar ao Goberno de coalición do PSOE-UP utilizando todo tipo de inxurias, mentiras e terxiversacións.

A peor. Acusar ao Goberno de ser culpables das persoas que morreron.

Outra grave. Acusalos cando moitas persoas morreron en Comunidades gobernadas pola dereita.

Outra grave. Acusar ao Goberno de que non daba a cifra real de persoas mortas cando o Goberno – que pecou ás veces de pouca transparencia – daba a cifra que lle comunicaban os Gobernos Autonómicos.

E POR QUE FORON TAN CRUEIS E INHUMANOS?

Porque a dereita cre que España é súa e non soportan non gobernala.

Cal foi o principal instrumento utilizado polo Partido Popular na batalla contra o Goberno, e na batalla contra Vox?

A presidenta da Comunidade de Madrid que compitiu consigo mesma en declaracións insensatas e infantís.

Aquí sí creo que o Goberno non estivo acertado en tardar tanto contra o PP de Madrid porque cando  o PP lanzoulle unha ofensiva tan brutal, hai que respostarlle forte e rápido.

Hai un montón de xente de esquerda que vota – e que non vota- que necesitamos ver a un Goberno totalmente enfrontado a unha voraz dereita.

Agora, toda unha serie de xente sabemos que no PSOE hai moit@s dirixentes moderad@s e próximos a grandes intereses empresariais, que explica tantos camiños intermedios e fluctuantes.

E POR QUE CHEGAMOS XA A SEGUNDA PANDEMIA?

Hai un gran tronco subdividido en catro grandes ramas entrecruzadas que actúan simultaneamente.

Hai unha brutal falta de persoal sanitario nos Centros de Saúde de Atención Primaria e Hospitais; hai unha brutal falta de persoas rastrexadoras; hai un gran exceso de actividade económica; hai un gran exceso de mobilidade social.

Non fai falta ser ningún experto para saber que este cóctel aquí, no Estado Español e en calquera Estado que obre similarmente, inevitablemente aumenta a pandemia, que é o que está ocorrendo actualmente en países europeos que lograran controlar a pandemia.

E POR QUE EXISTE ESTE COCTEL?

Porque é o modelo elixido por todos os Gobernos, e todos os grandes partidos opositores, basados en catro criterios de maior a menor.

PRIMEIRO, O INTERESE POLITICO o cálculo electoral, que é sempre o primeiro criterio de todo Partido-.

Canta xente podo gañar. Canta xente podo perder.

SEGUNDO, manter a máxima actividade económica para que a situación económica non empeore máis as condicións de tanta xente afectada – a pesar de que España recibirá 140.000 millóns de euros da Unión Europea-.

TERCEIRO, non só non afortalar a Sanidade Pública aumentando substancialmente o persoal e recursos sanitarios nos Centros de Saúde de Atención Primaria e Hospitais senón todo o contrario. Debilitándoos non cubrindo baixas médicas e enfermeiras, o que repercute no estrés de quen traballan, ao tempo que impulsan, a barbaridade de primar as citas telefónicas que nos está afectando a tanta xente – ao tempo que conleva que un montón de xente vaia directamente a Urxencias saturando Urxencias e saturándose o persoal, así como xente que pode, contrate un Seguro Privado-.

Porque este é o fondo desta política.

DESMANTELAR A SANIDADE PUBLICA EN BENEFICIO DA SANIDADE PRIVADA.

E queda O CUARTO CRITERIO que explica o aumento da pandemia. A total falta de persoas rastrexadoras, e as poucas que existen, traballan estresamente e totalmente descoordinad@s cos pouc@s médic@s que hai.

A QUE LEVA ESTA POLITICA?

A IR DETRAS DA PANDEMIA EXECUTANDO ALGUNHAS RESTRICIONS O QUE SUPON PARCHEAR, PARCHEAR E PARCHEAR.

Con esta política só queren – e só poden- frear, algo, e un tempo, a pandemia.

Cun agravante. Que eles non son culpables de nada. E ollo, non nos infectemos porque fannos parecer culpables.

E HAI POLITICAS QUE TEÑEN PRACTICAMENTE ELIMINADA A PANDEMIA?

Pois sí.

Como mínimo, tres Estados tan distintos politicamente, economicamente, socialmente como Nueva Zelanda, a República Popular China e Corea do Sur.

En base a qué?

A confinamentos severos; unha mellor Sanidade e milleiros de persoas rastrexadoras.

EN BASE A PRIORIZAR A SAUDE.

MELLORASE EN SAUDE E DESPOIS MELLORASE EN ECONOMIA.