Cada vez teño máis claro que estou equivocado.

Cando @s politólog@s da Galicia galega e da España española non paran de loarlle por tanta vitoria electoral, non pode ser que eu sexa o único que teña razón cando digo que está sobrevalorado.

Pensemos.

Canto de mérito hai que o Partido Popular recuperara a maioría absoluta nas eleccións do 2009 por un deputado, cando ese deputado saiu por A Coruña grazas a espectacular campaña de A Voz de Galicia?

Máis.

Canto de mérito hai en que nas eleccións do 2012 o Partido Popular sacara 41 deputad@s cando levaban tres anos aupados polo imperio económico español e galego?

Máis.

Canto de mérito hai en que o Partido Popular gañe e gañe cando dende o 2009 tenlle regalado millóns e millóns de euros aos principais medios de comunicación, que os devolven -salvo a Ser Galicia- os 365 días do ano practicando un fabuloso blanqueado de noticias?

Máis.

Canto de mérito ten o Partido Popular cando no 2016 a nova organización En Marea saca 14 deputad@s e os partidos que querían mandar nela e non podían -porque perdían as eleccións internas fronte a quen apoiabamos a Luís Villares  – fan un espido integral continuo que non saliu en Interviu porque xa non existía?

Máis.

Canto de mérito hai en que a terceira parte da poboación electoral sexa conservadora?

Canto hai de mérito -favores, prebendas…… -en que o PP de Feijóo logre o voto desta xente, e  que os outros partidos non logren os votos das outras dúas partes da poboación electoral?

Algo de demérito teñen os outros partidos, ou máis ben moito demérito.

Por qué cada vez hai máis xente moza reivindicativa en grupos, en manifestacións pero non votan?

Por qué non lles atraen os partidos?

INFRAVALORO A FEIJOO OU ESTA SOBREVALORADO?

El saliu todo o tempo na TVG para falar da pandemia, e si o chamaban da tele máis vista en Galicia, non podía facerlles un feo.

Morreron 131 persoas maiores nas Residencias Privadas pero non foi a Xunta quen impediu que foran trasladados aos hospitais se non @s médic@s.

Acusaba, sen ningún rubor, ao goberno estatal de que non daban as cifras das persoas mortas, infectadas cando eses datos tiñan que dalos os gobernos autonómicos ao estatal.

O de que haxa tantas Residencias Privadas de Maiores parece unha manobra extraterrestre de ocupación cando a ocupación  Privada obedece a que a Xunta -e ningún goberno autonómico – constrúe Residencias e Centros Públicos.

Xa hai un abuso das citas telefónicas. Un caso. Non quixeron mirarme o cóbado, pomadiña ao canto, púxoseme peor e teño unha semiluxación que non a cura unha pomada se non especialistas en fisioterapia ou osteopatía.

Por certo. Agora que están aumentando os contaxios, cantas persoas rastreadoras ten a Xunta?.

Máis. Hai persoas infectadas en Oleiros a partir dunha persoa infectada en Santa Cruz?

Coincidencia. Ningunha información oficial da Xunta nin do Goberno Municipal de Oleiros.

Iso sí. Feijóo dixo onte que o seu primeiro obxectivo é controlar a pandemia pero non anunciou novos recursos públicos como demandaron onte os Colexios Profesionais Sanitarios -se non o chiste de que se controlará a quen veña a Galicia de zonas de risco cando non hai maneira de controlar iso.

O caso é dar imaxe de seguridade – mágoa que se despistara e non incluiu Madrid-.

E o que sí teñen que controlar é o da volta ás clases en setembro que aí sí vai haber auténticos problemas.

E remato xa -como se di nas charlas -.

O dato fundamental de que Feijóo está sobrevalorado é que Gayoso leva gobernando Luar máis tempo do que leva Feijóo gobernando Galicia.