(Tal como avisan nalgunhas series, os feitos narrados aquí non teñen nada que ver cos feitos dialogados)

Hai o estado de alarma, sanitariamente hai que priorizar a atención anti pandemia, priorizando tamén as citas telefónicas c@s médic@s dos Centros de Saúde para que se adicaran fundamentalmente na loita contra a pandemia.

QUE CAMBIOU DENDE ENTON?

Xa non hai estado de alarma; a pandemia está controlada en Galicia; empezan de novo as citas c@s especialistas, pero, maldita sexa, por qué sempre ten que haber un pero?

Empeza a perpetuarse unha inmutabilidade que ameaza ser máis inmutable que a dos faraóns exipcios.

TER CITAS PRESENCIAIS C@S MEDIC@S DOS CENTROS DE SAUDE E UNHA MILAGRE

Vivín algo espectacular. Cada vez teño peor o codo do brazo. Pido unha cita presencial e dinme que terei unha telefónica.

Atendeume alguén que non sabía nada de mín.

O diálogo foi digno dos irmáns Marx.

Foi como si Groucho me auscultara dende unha cámara invisible, que viu perfectamente que chegaba con que me aplicara unha pomada.

Quéntome e dígolle alporizado que tería que verme para diagnosticar si é un problema máis óseo ou máis muscular.

Entra de novo en acción Groucho, pero esta vez dende un pedestal, toda dignidade, enfatiza que a  Consellería de Sanidade decidiu, gústenos máis ou gústenos menos, que @s medic@s deciden si a cita é telefónica ou presencial, e que para ser presencial,  @ paciente ten que sentirse «MOI ENFERMO» xa que a prioridade é a asistencia antipandemia.

Non paro de ferver  e sóltolle en que se concreta hoxendía a prioridade d@s médic@s dos Centros de Saúde, cando se están regularizando os demais servizos sanitarios.

Aí entrou en escea Harpo que xesticulaba e xesticulaba para que vira o coñecido logo electoral de Feijóo.

Sigue o médico no pedestal e dime que teñen que seguir priorizando a loita antipandemia porque aquí fora controlada grazas a que as Autoridades actuaron a tempo.

Foi demasiado.

Estoupei.

Espeteille que era mentira que actuaron a tempo. Que o que máis influiu era o da Galicia periférica, sin turismo, e que a pesar diso, houbo 131 persoas mortas en residencias PRIVADAS de maiores que se lles denegou o dereito constitucional á asistencia sanitaria; semiacabei co dos brotes na Mariña e Burela, e acabei cal Harpo explosivo cortando a comunicación.

QUE QUEDE BEN CLARO.

AQUI NON HAI UNHA CRITICA CONTRA O COLECTIVO D@S MEDIC@S DOS CENTROS DE SAUDE, SENON QUERER SABER PORQUE AGORA SIGUESE FUNCIONANDO COMO NO ESTADO DE ALARMA.

Teño moi presente a loita de anos que levan médic@s na Plataforma SOS SANIDADE contra a política sanitaria da Xunta do PP de Feijóo, reivindicando, entre outras cousas, a mellora da atención primaria, pero tamén teño presente o desprezo do Partido Popular ao SECTOR PUBLICO, que, por obra e -desgraza- da maioría absoluta, acrecentarán a deshumanización da Sanidade Pública..

Precisamente é fácil ver con claridade que queren que sexa maioritaria a cita telefónica, PARA DESHUMANIZAR A SANIDADE PUBLICA.

E que, xa agora estánse a dar tres consecuencias negativas, e un futuro perigoso.

1) Xa hai xente mal atendida tal como me consta.

2) Xa hai un montón de xente indo directamente a Urxencias, o que está saturando Urxencias,e cabreando ao seu persoal.

3) Con este sistema, a Xunta do PP está sentando as bases para elimiñar persoal médico dos Centros de Saúde porque con poucas citas presenciais, sobrará persoal médico.

4) Si xa hai xente mal atendida con tanta cita telefónica, imaxinemos que seguirá pasando.