Abogado

A maquinaria propagandística e mediática do Partido Popular pretende convencer á cidadanía galega que o día 12 de xullo é preferible votar malo coñecido que bo por coñecer. Pero, mírese como se mire, o malo sempre é malo. Eu prefiro bo por coñecer, porque, ademáis, coñezo que é bo.

O PSdeG-PSOE presenta proxectos e medidas viables e precisas, cun candidato (Gonzalo Caballero) que acredita coñecer todos os recunchos de Galicia, pois a percorreu sen descanso, despregando en todo momento a súa enerxía, a súa iniciativa, as súas ganas de cambio. Ese cambio que necesita imperiosamente a nosa comunidade.

Ante a falta de argumentos positivos, de propostas programáticas concretas e cribles, o candidato que esconde as siglas do seu partido (para que non o identifiquen con Casado, con Ayuso, con Cayetana, con Aznar…, con esa ultradereita á que non dubidaría en abrazarse) unicamente ofrece a Galicia catro anos máis de resignación.

A resignación é contraria á esperanza e á confianza nun porvir mellor. Con resignación a nosa terra languidece e a nosa mocidade abandónaa ao non ver aquí futuro.

A dereita pretende desmovilizar ao electorado de esquerdas porque sabe que se o electorado progresista mobilízase, o 12 de xullo haberá cambio político en Galicia. Se a esquerda progresista concentra de modo útil o seu voto no partido socialista, as horas de Feijóo na Xunta están contadas. A mobilización é a clave. Quedarse na casa ou desperdiciar o voto é darlle osíxeno aos que non achegaron nada aos galeg@s: soamente recortes e pasividade, demolición e corrupción.

A crise do COVID demostrou, unha vez máis, que non é o mesmo que goberne a esquerda ou a dereita. Para saír desta crise as políticas han de apoiarse na solidariedade e na cooperación, con aposta decidida polos servizos públicos sanitarios e educativos, polos servizos sociais; por fomentar os recursos naturais de modo sostible e non especulativo; por manter o talento e a forza da mocidade galega na nosa terra. Xusto o que postula Pedro Sánchez a nivel estatal e o que impulsa Gonzalo Caballero para Galicia a partir do #12X.

Ese clamor de progreso debe plasmarse nas urnas. Ten que haber un cambio para dar prosperidade a esta nosa terra, para afrontar os graves problemas existentes e romper unha inercia que conduce a un lento e inexorable decaimento. Fronte á resignación, ilusión; fronte á inercia e a pasividade, impulso e progreso. Digamos adeus ao malo. Recibamos o bo. Coa mobilización do electorado de esquerdas é posible. Cada voto útil conta. Por ti, por Galicia.