Volve a tradicional batalla de cada comezo de tempada, pero nesta ocasión, temos que engadir un escenario, (o post-Coronavirus,) que nolo pon moi difícil. Toca reinventarse

Preparándonos para o retorno á nova normalidade, os responsables dos clubs, temos que pensar como poñer en marcha a planificación dunha tempada que se aveciña con moitas incógnitas, porque paliar os efectos económicos derivados da crise do coronavirus vai ser moi complicado.

A pesar do cambio político, atopámonos do mesmo xeito que nas anteriores lexislaturas, sen ter asignados os convenios da próxima tempada e descoñecendo se os horarios que nos van asignar, serán prorrogados por quinto ano consecutivo, ou poderán como vimos demandando, desde fai un par de anos adaptarse a nosas demandas.

Pero a pinga que colma o vaso, é o encontrarnos cun protocolo que nos implica o ter que facernos cargo da limpeza e desinfección das instalacións deportivas.

UN PROTOCOLO INASUMIBLE POLOS CLUBS.

O deporte é imprescindible nunha sociedade saudable, e aínda que sempre hai algún sector en desacordo co financiamento público en materia deportiva, nestes momentos, o Goberno ten que impulsar medidas para que os clubs poidan subsistir.

Botemos a vista atrás e lembremos que tras a crise do 2008, desapareceron máis do 25% dos clubs deportivos e tiveron que abandonar a práctica deportiva máis do 30% dos deportistas por falta de apoios.

Falo do deporte amateur, non dos grandes clubs de fútbol que foron rescatados por gobernos e entidades financeiras con avais e subvencións públicas a fondo perdido.

Non repitamos os mesmos erros.