Héctor Sánchez

Ben. Xa sabemos que vai haber en xullo Eleccións en Galicia tal como quería o Partido Popular de Feijóo, e o Partido Nacionalista Vasco en Euskadi. E ámbolos dous polos mesmos motivos. Pero antes de adentrárnonoss no tema, é importante ter en conta cal é o marco legal que rexen as Eleccións Galegas.

Un sistema electoral antidemocratico

Fagamos algo de historia que non só explica o pasado senón o presente.

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1.981 esteblece que as persoas do Parlamento de Galicia son elixidas mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.

Fixémonos na palabra «IGUAL» e comprobemos que algo fundamental coma A IGUALDADE DO VOTO non se cumple no Sistema Electoral Galego, impulsado en 1.985 pola Coalición Popular de Fernández Albor.

1) O voto non e directamente proporcional nas catro provincias.

Cada provincia ten asegurado un mínimo de 10 deputad@s, e só a partir d@s 10 deputad@s, establécese unha proporcionalidade directa nas catro provincias.

E dicir, que as provincias de Lugo e Ourense necesitan, proporcionalmente, menos votos para ter deputad@s.

As provincias máis conservadoras benefician, antidemocraticamente, ao Partido máis conservador

2) Vulnerase a igualdade do voto

Xa nos seus inicios, os partidos que non sacaran o 3% dos votos non tiñan dereito a ter deputad@s, anque cun sistema directamente proporcional poderían telo.

En todo caso, o PP de Fraga, en 1.992, vulnerou máis a igualdade do voto porque estableceu que había que sacar un mínimo do 5% dos votos para asegurar que non se «colaran» minorías «molestas».

Sigamos ca historia ata hoxe

Con estes dous condicionantes antidemocráticos, que pasou dende as primeiras Eleccións Galegas ata as últimas?

Que sempre tivo maioría absoluta o Partido Popular -salvo no período do 2.005 ao 2.009-.

Por que?

Porque, aproveitándose das normas antidemocráticas, ten o apoio do Poder Económico, de case todo o Poder Mediático; dunha impresionante rede clientelar forxada tras tantos anos de goberno con obra tras obra, e teñen o apoio, máis ou menos, dun tercio das persoas electoras conservadoras.

Sen esquecer que a este paquete contribúe moito a eterna disputa entre as Organizacións de esquerdas e nacionalistas.

Sigamos ca historia: Por qué o Partido Nacionalista Vasco, e a continuación o Partido Popular de Feijoo convocaron as eleccións para o pasado 5 de abril?

Teñamos moi presente que non había ningunha pandemia; ningún estado de alarma pero que os dous partidos quixeron adiantar as eleccións.

E moi fácil deducir o porque.

Pensaban que a coalición de Goberno PSOE-UP estaba á baixa e era o momento de dar o zarpazo.

E agora, por que queren que se celebren as eleccions en xullo?

Porque pensan exactamente o mesmo.

Pensan que o Goberno PSOE-UP está á baixa, e o PP de Feijóo quere repetir a súa ansiada maioría absoluta, mentres que o PNV quere ser o principal partido de Euskadi.

PODER PURO E DURO que pasa por riba da saúde de tod@s nós como argumentaron onte @s representantes de En Marea, PSdeG-PSOE, Galicia en Común  e o BNG.

Teñen un minimo de credibilidade os informes d@s expert@s nomead@s pola xunta?

Segundo Feijóo, recomendan que se celebren canto antes as eleccións para que non se vexan alterad@s por ningún rebrote do coronavirus.

Este é o momento de lembrar que o 6 de abril sumaronse 42 persoas mortas en Residencias de Maiores das cales o Sergas non informara. De que o 29 de abril o Sergas contabilizou 3.500 altas de persoas curadas en casa que non se contaran previamente. De que o 30 de abril o Ministerio de Sanidade restou 791 casos ao total de diagnósticos en Galicia. lembrar que só dende o 6 de abril a xunta inclúe ás persoas mortas en residencias e hospitais.

Unha boa pregunta: OS INFORMES SON D@S EXPERT@S?. OS INFORMES SON DA XUNTA?. OS INFORMES D@S EXPERT@S ESTAN FEITOS EN CONSONANCIA CA XUNTA?

Máis aínda. E qué perigo de rebrote hai de aquí a setembro cando cantidade de expert@s cientific@s sosteñen que a calor frea a extensión do virus?

Non será que o Partido Popular que se ve gañador absoluto en xullo, tema non ser gañador absoluto en setembro?

A tremenda irresponsabilidade de convocar eleccions nesta situacion

Ignoro si hai algunha lei que poida impedir as eleccións de xullo, pero sinto nauseas de que se convoquen cando hai centos de persoas infectadas, 601 persoas mortas segundo datos oficiais, das cales nada más e nada menos que un total de 269 persoas vivían en Residencias de Maiores, chegando a sofrir horrores ata morrer barbaramente un total de 132 persoas ás cales non foron trasladadas aos hospitais.

Que excusas pode alegar un goberno que non obligou que foran aos hospitais as persoas graves que vivian nas residencias?

Segundo datos da propia Xunta, só morreu unha persoas nunha Residencia Pública de XESTION PUBLICA, o cal quere dicir que 131 eran de RESIDENCIAS PRIVADAS, e de residencias PRIVADAS CONCERTADAS, algo que, dado a ocultación de datos da Xunta, fai pensar que case todas as persoas mortas nos hospitais vivían en Residencias PRIVADAS, e Residencias PRIVADAS CONCERTADAS.

A gran paradoxa: unha institucion publica oculta que morreron poucas persoas das suas residencias de xestion  publica.

Por qué?

Porque a Xunta non quere facer máis Centros de XESTION PUBLICA que lle supón problemas laborais, organizativos…..e a fin de contas a Xunta coincide máis cos INTERESES PRIVADOS, traducidos en favorecer economicamente aos Centros PRIVADOS, pagando un pastón polas prazas públicas concertadas, facendo a vista gorda pola explotación laboral e económica das traballadoras e traballadores, e dos coidados, alimentación e outras cousas vividas polas persoas maiores.

Hai actualmente 12 investigacións xudiciais abertas pola Fiscalía. Veremos si sacan á luz algo que non pode quedar impune.

A oposicion ten razon: Non pode haber eleccions si non hai garantias democraticas e sanitarias