Para case ninguén é descoñecido o traballo que dan as crianzas, o que custa manter orde e concerto cando se sae da casa cargado de mochilas, patinetes, aparellos electrónicos e, nos casos máis raros, unha simple pelota. Se iso é difícil, tampouco custa imaxinar o sufrido e paciente que ás veces hai que ser cando eres o desafortunado da mesa do lado na terraza, ou o viciño de tumbona na piscina e, no peor dos casos, o comensal que xanta coa banda sonora de berridos ou escupitaxos de puré adornando a solapa, por deferencia dese encantador querubín loiro ao que desexas unha longa e saudable vida pero ben lonxe de ti. Algos menos quizais a seus pais ou nais, absortos nos móbiles ou enfrascados nas súas conversas de matrimonio inmunizado contra gritos e patalexos, algo que envexas profundamente nese intre.

Son esceas que se repiten con asuduidade no noso entorno, e por moito que nos resulte adorable un cativo, iso perde moito cando non se trata dos nosos e a quen hai que aturar é ós alleos. Algo diso deberon pensar no bar do Mercado Municipal de Carcaixent (Valencia), cando fartos de ter ás criaturas enredando e cos seus proxenitores sen darse por aludidos, decidiron colgar unha advertencia onde fan saber que cada raparigo solto polos seus dominios pasaría a ser propiedade do local e posto a fregar platos. Por suposto, é en ton irónico, pero ao mesmo tempo unha seria advertencia de que o que ten fillos, ten que aturalos e non agardar que o fagan os demais por ti, sobre todo cando estás a traballar e as funcións de «canguro» non van no contrato.
O cartaz do bar de Carcaixent só é unha chamada de atención á pretensión de ir a tomar algo e relaxarse, deixando que os cativos campen as súas anchas mentras nós lemos o xornal ou chateamos aproveitando que o neno ou nena está facendo boas migas con ese camarero que parece tan simpático. Hai un tempo, cando se deron a coñecer os hoteis onde non se permitía ir con rapaces, houbo quen puxo o grito no ceo, laiándose de que que mal facían a ninguén. É obvio que non son eles os causantes das súas incursións por onde non deberan, senón a comodidade paternomaternal, que da por sentado que os seus descendentes teñen que parecerlle simpáticos e deliciosos a todo o mundo, e que pasar tempo con eles é unha das aspiracións da súa vida. Para sacalos do erro, ás veces, só cómpre ser drático coma nese bar de Valencia: se tes fillos, da conta deles ou non os verás máis.