Impotencia é o que sinto neste momento ao ver que o equipo semana tras semana da bandazo tras bandazo e cada vez afundíndose mais e indo hacía o precipicio da 2ªB, pero non só iso, cando se propoñen ideas para sacar ao Dépor desta situación,  hai certos medios que se adican a desacreditar a quen quere facelo intentando dalgunha forma seguir danando a imaxe do clube e así che estamos, xa o dicía o gran Castelao: “mexan por nós e dicimos que chove”.

Este martes o Real Clube Deportivo da Coruña, xoga un partido moi importante, a Xunta Extraordinaria na que entre tódolos accionistas deberían acudir e axudar a endereitar o rumbo deste clube, intentando dende xa que se tomen decisións importantes sen esperar á xunta do 13 de xaneiro onde se elixirá un novo consello trala dimisión do actual nestes últimos días.

Fago un chamamento a tódolos accionistas que non estén de acordo coa dirección que está a levar o clube, que acudan en masa ou que deleguen nas persoas que realmente queren cambiar o rumbo deste clube.

Por outra banda, pídolles aos grandes accionistas que actúen con responsabilidade e que se deixen de intereses persoais e antepoñan os do clube por riba de todo.

De vós depende o futuro deste clube, por tanto, sentidiño común.