Manuel Fernández García

Socio nº11.196 do Real Clube Deportivo da Coruña

O pasado luns vimos de coñecer a renuncia do consello de administración do Deportivo, liderado por Paco Zas. Logo desta noticia parece que se abriu un raio de esperanza na afección deportivista porque volvía a saír o nome de Augusto César Lendoiro, quen nunha situación semellante colleu ao clube salvándoo do descenso a 2ªB grazas ao famoso tanto de Vicente Celeiro e que a partir de aí o Dépor ascendeu a 1ª división e mesmo se codeou cos mais grandes de España e de Europa con xente como Mauro Silva, Donato, Bebeto, Rivaldo…

Agora ben, parece que neste intre cando parecía que voltaba certa ilusión ao afeccionado, atopámonos cun artigo de certo xornal no que intenta desprestixiar á xente que intenta animar ao accionista a elixir un consello de administración de consenso que una ao deportivismo, sinceramente, logo de ler dito artigo, o único que me vén á cabeza é a desaparición do clube ao igual que lle pasou no seu día a Compostela, Málaga, Oviedo…

Eu só pido unha cousa, os grandes accionistas teñen que deixar de facerlle caso a certos medios ou persoas e mirar realmente polos intereses do clube, intentando que o consello entrante revirta a situación e convirta isto nun “Camina o Revienta” logrando que o Dépor volva a ser un clube que recupere o prestixio perdido todos estes anos.

De vós depende un cambio ou un réxime continuista que nos leve á desaparición.