Manuel Fernández García

Socio nº 11.196 do Real Clube Deportivo de A Coruña

 Tralo visto neste tramo de tempada, a xente que pense que o obxectivo é o playoff, está moi equivocada. O equipo da bandazos por todas partes dando espectáculos bochornosos alá a onde vaia e impacientando a unha gran afección que sempre está nas boas e nas malas pero xa non aguanta a vergoña que estamos a vivir. Moita xente apunta a diana a Carmelo Del Pozo, pero, quen foi o responsable de que el esté no clube? Por que ten certas potestades que deberían ser única e exclusivamente do presidente? Un cúmulo de preguntas que tanto a min como a moitos deportivistas nos gustaría ter resposta.

Despois está a famosa ampliación de capital da cal os socios e accionistas ignoramos as condicións que contén e que cando un accionista vai presentar un escrito ante rexistro, négaselle a entrada do mesmo e comunícaselle que ten que ser por outros medios, menos mal que retificaron e volveron a habilitar o rexistro de entrada.

Paréceme lamentable que moita xente non queira abrir os ollos e darse conta de que non é culpa do adestrador, entre o consello de administración anterior e este en 6 anos aproximadamente levan tantos como na época de Augusto César Lendoiro en 25. Cando estaba Anquela dicíase que non valía e demais lindezas, pero este home pidiu certos reforzos para determinadas demarcacións e a dirección deportiva trouxo a quen lle pareceu a eles.

Outra cousa que non hai que esquecer, é o concurso de acreedores no que estamos inmersos e un descenso de categoría do clube, pasaríalle o que lle pasou no seu día ao Compostela que se tivo que refundar e mirade onde está agora. Esta situación é moito peor que cando Augusto chegou á presidencia e o equipo se salvou grazas ao famoso gol de Vicente Celeiro que evitou o descenso e desaparición do clube.

É o momento que apareza alguén co lema “Camina o Revienta” e que revirta a situación do clube dunha vez.

NR. 21noticias es un medio de comunicación independiente donde tienen cabida todas las sensibilidades. Puedes plasmar tu pensamiento, o denunciar lo que no te gusta, dentro de las reglas educacionales que marcan el respeto y la buena convivencia.