Paseando hai uns días pola bela cidade de Lugo, levei unha sorpresa ao falar cos amigos que adoito reunirme con eles para tomarnos unhas birras. O tema da conversación foi o “goberno a dous” do Concello e Deputación. Dicianme os meus amigos que na Deputación manda, ordena e fai saber, José Tomé, un político que conta coa confianza total de Gonzalo Caballero e da maioria dos socialistas lucenses. No concello de Lugo, relegado Álvaro Santos a unha concellería menor, por aquilo de ter un fixo a fin de mes, quen está saíndo nos medios de comunicación son os concelleiros do BNG, deixando á alcaldesa que presente actuacións de baixo calado cidadán, mediático e político.

Onte púidose apreciar como o delegado da Xunta, vello saurio da política,  na presentación da comida da Federación de Asociacións de Veciños, «comeulle as papas» a Lara Méndez.  O “outro” alcalde de Lugo, Rubén Arroxo Fernández, 1º Tenente de Alcalde e titular da área de Mobilidad e Infraestruturas Urbanas, é un político hábil de elevado perfil, as concellerías que lle tocaron na repartición ao BNG, son as que máis eco mediático teñen, claro que o arranxo de bancos que leva a cabo Álvaro Santos, tamén é relevante. Santos, con perdón das beatas, vetou de información a 21noticias Á liberdade, Sr. Santos, só os necios tentan cortarlle as ás.

A loita política na provincia de lugo está centrada entre o PSOE e PP, mentres que o BNG sentado no poio da porta,  goza do puxilato entre os dous partidos españois, a ver quen noquea a quen. A estratexia dos nacionalistas, con calma chicha en río revolto, continúan a súa folla de ruta modera, aproveitando o momento de loita fraticida entre PP e PSOE, e obter rendibilidade política, saíndo nos medios de comunicación «publicitando» o seu traballo nas diversas áreas de xestión municipal.

Gonzalo Caballero comeza a preocuparse por esta situación, e por outras creadas polo anterior Secretario Provincial dos socialistas, como o rebumbio de Monterroso, por citar un exemplo entre moitos, é conscente que o bigoberno con Bloque no Concello vaille pasar factura, a relevancia mediática a leva o BNG, é a que chega os cidadãns.  A ambición política de gobernar sin pensar no custe que pode ter, pode ser mortal de necesidade. Lugo foi a única cidade de Galicia que os socialistas non souperon  aproveito o rebufo de Pedro Sánchez nas eleccións municipais. Fracaso da política de enfrontamento entre familias do PSOE provincial de Lugo.

Xa que menciono á Federación de Asociacións de Veciños, un feudo do Alcalde de turno, un grupo de militantes do PP e outros afíns que dirixen varias asociacións na provincia de Lugo, móvense con afán para facerse co control e forzar a saída do seu presidente, Jesús Vázquez, afín a algúns sectores do PP e contrario a outros. Diversos altos cargos do armazón veciñal na provincia de Lugo reuníronse en días pasados para ver as diferentes vías para tentar derrocar a Jesús Vázquez, histórico presidente dos veciños lucenses e con moito poder na cidade de Lugo. …e non podía faltar a patita do coello político da sorte, recomendo Sr. Vázquez, que como a carteira do Sr. cura, se non espabila, ou lle fai caso ao arreglador de bancos do xardíns, pode ir despedíndose da presidencia. O domingo pode ser o seu derradeiro festin como presidente.