Xabier González @xabiergzalez

Juan Ramón Jiménez e “Platero e Íl” nunca conseguiron formar parte da miña infancia rural; será porque a min os burros e burricanas gústanme insensatamente auténtic@s, moi lonxe do arquetipo de “peludos,  suaves, tan brandos por fóra que se diría todo de algodón e que ao deixalos soltos vanse ao lameiro e acariñan tibiamente, rozándoas apenas, as frolciñas rosas, celestes, amarelas e gualdas”.

Platero e outros moitos e moitas do grupo do WhatsApp sociopolítico galego adoitan habitar mundos terrestres, e “de fóra”, para exercer de profesións cómodas como polític@s sen causa nin efecto ou xenerais de minguadas mesnadas que contan as pequenas escaramuzas vitoriosas e deixan nas pavías as guerras que perderon con todo merecemento.

Síntoo por quenes deanse por aludid@s, pero estes Plateros e Plateras son, á fin e ao cabo, burros (ou burricanas) empoderad@s; mamíferos cuadrúpedos subidos a un pedestal e coas alforxas cargadas de libros que actúan de contrapeso á hora de “caerse da burra” sen renunciar aos postureos.

Non, que ninguén se crea que son alérxico @s burr@s; mesmo sinto capaz de unirme solidariamente, como un “burro máis ou menos”, a reatas de marcado espírito Xacobeo para chegar a Santiago e, polo menos eu, seguir até ese Finisterre desde o que avistar a independencia que dan os horizontes internacionais, xunto cos solpores e amenceres que non necesitan reloxo pero que, de telo, marca no mundo Pangaleguista a hora galega.

Os Plateiros e Plateiras do Reino da Galicia, que habel@s hayl@s a centos, resúltanme excesivamente peludos e mediterráne@s e, se afío o lapis, até diría que obsesivamente mesetari@s. Será porque no existencial son máis de Gadis que de Freud; por iso asumo con total normalidade compartir pobo de nenez co “burro do Arturo”, que era un animal -tamén cuadrúpedo e mamífero- que albergaba en todo o seu ser unha sabedoría empírica incuestionable e gañada a base de anos de peche e máis paus no lombo que os que lle daba a súa sempre mal alimentada fame.

Desde mediados os 60 até case os 80, creádelo ou non, o “burro do Arturo” existiu e compartiu espazos en Viduedo cun aparello de radio que sempre estaba a todo volume -e escoitábase en todo o pobo- e unha  Rapunzel autóctona que o primeiro que fixo, ao falecer Arturo, foi saír das catro paredes nas que vivíu pechada desde sempre para mercar larpeiradas na tenda da aldea.

Todo até agora aseméllase moito a unha estampa de Berlanga; pero o caso é que o “burro do Arturo” era un intelectual indie sen recoñecemento, prolífico en pensamentos –certo é que non todos sensatos- sen dereitos de autor; un apóstolo apóstata que tivo a ben compartir comigo o seu máis prezado tesouro: “A Teoría Do Cangrexo Tolo” que, resumida, déixovos:

“Xa a que Galicia é moi súa no eido da Gastronomía, aconsella Picadillo que, durante as comidas ou ceas familiares evítense temas políticos ou referentes á igrexa.  A nosa, Xabier, é unha nación de Gaivotas, Nécoras, Paxaros Pintos, Merlos Brancos e Procesións de vivos que parecen mortos e viceversa. Cada un no seu papel… as Gaivotas aliméntanse do pútrido pero sobrevoan e dominan o ceo… as Nécoras rebozadas en fariña son un prato tan oculto como apetitoso mesmo para os que din publicamente ser alérgic@s… Paxaros e Paxaras Pint@s ilus@s soñando despert@s para que só a historia escrita por perdedores @s lembren… esa imperioso necesidade de atopar con urxencia Merlos Brancos para que lideren excursións políticas calvas ou de medio pelo… e logo a Galicia eterna das sinistras procesións de polític@s e politólog@s viv@s que parecen mort@s e viceversa, esas que non son quen de asumir que 1919 está a cen anos de distancia de 2020, as que non deixa descansar aos mortos porque carecen de vivos que estean á altura necesaria para que os mil anos de soidade terminen para non volver e sexan substituídos polas míticas mil primaveras que profetizou Nós e Nós queremos por, como dixo Cabanillas,  en pé, sereos, coa limpa fronte ergueita, envoltos na brancura e co o corazón aberto a toda verba amiga…

Pero non todo está perdido, Xabier, -díxome o “burro do Arturo” con solemne xesto moi serio e convencido-. Con nada a favor e todo en contra, moi de tempo en tempo, nacen case sen fecundación previa ou explicación racional, cangrexos e cangrexas tol@s que deciden renunciar a dar pasos cara atrás toda a súa vida e optan por esforzarse en camiñar cara a adiante sen ataduras nin complexos. Certo é que con sorte nace un@ en cada praia pero, aínda que non o saiba, non está só porque na Galicia hai case mil praias… Morrer de soidade e en soidade non é un dereito cando o colectivo clama a berros erradicar as individualidades que restan porque necesita sumas multiplicadoras e, sobre todo, enterrar con honras e memoria os esqueletes de anteriores cangrex@s tol@s para que @s do século XXI camiñen sen complexos.

Cun “Nunca o esquezas, Xabier” o “burro do Arturo” voltou á cisterciense escuridade da súa cela para deixarme continuar o meu camiño de neno por aquel serán sen sesta.

O resto do que quero dicir non necesito escribilo porque vostedes son lector@s intelixentes e saben perfectamente o que, como Nación, precisamos con urxencia…

No mellor e nobre senso, un pouco burr@s somos tod@s…

Pero… ¿é tan difícil abandonar as alforxas do “eu son” para camiñar máis lixeiros cara ao “NÓS somos e xuntos nunha Liga común ninguén poderá deternos”?.

Saude e Terra!!