Os socialistas están en disposición de lograr a Alcaldía da Coruña da man de Inés Rey, tras oito anos fóra dela, aproveitando por unha banda o rédito do bo momento de Pedro Sánchez e polo outro, o tirón da candidata que está a crecer a pasos axigantados, mentres que o efecto Xulio Ferreiro dilúese.

En Santiago de Compostela, sorprendentemente o ex Alcalde Bugallo, pode volver á alcaldía ante a anarquía dos populares e tamén o efecto negativo de Compostela Aberta e os seus problemas internos con En Marea. Un importante voto dos da Marea, pode volver ás filas socialistas, mentres que o candidato, pode lograr que algúns votos tradicionais, viren para eles.

Na cidade departamental, o ex conselleiro e ex alcalde José Manuel Rey Varela, está en disposición de lograr a alcaldía, ante a inseguridade e fracaso na xestión destes catro anos, nunha cidade cíclica, con gobernos alternativos.