Estamos nun momento moi importante, o momento crucial donde a xenofobia, o racismo, o machismo, a oligarquía feroz, e a intolerancia van a entrar nas nosas vidas de xeito tan cotidià como que van a participar nas decisions do que nos afecta no dia a dia, a sanidade, a educación, o salario, as pensións, os impostos, en definitiva o chamado estado de benestar. 

Eu gostaria de que Galicia fose quen de ter a influencia no estado que ten Euskadi, pero gostaria máis aínda que Galicia fose que de ter a tenta per cápita, ou dito de outro modo, o nivel de vida, que ten Euskadi ou que ten Navarra, e para iso e necesario facer o que fan os residentes en Euskadi….votar polos representantes que mellor defenden os intereses de Euskadi, os partidos vascos.
Euskadi vai conseguir que o seu territorio sexa o que vai frear a ultradereita reaccionaria de un xeito máis radical, e o vai facer votando polos seus, como è a súa costume, alí nin PP, nin PSOE van ser o voto útil, alí os partidos de Euskalerria van ser os destinatarios de exercer de parapeto contra os que nos queren roubar dereitos, ao mesmo tempo que otorguen a forza necesaria para que Euskadi teña poder de decisión no estado español.
O 28A nos xogamos moito, è en Galicia o voto o BNG vale dobre, igual que en Euskasi e polos mesmos motivos, na nosa galicia podemos conseguir en este momento crucial ser decisivos para axudar a ser ese freo da ultradereita, para ser quen de ser decisivos na defensa dos dereitos obtidos até o de agora, e quen sabe se para, inclusive, ser parte do goberno.
PSOE e PODEMOS non serán quen de acadar maioría parlamentaria, e terán que votar man, unha vez máis, dos partidos cataláns, no obstante se galicia vota por Galicia, se os galegos votan por ter voz propria, se o voto útil que utilizamose o do BNG, pódese dar o caso que os escanos do PNV e do BNG si sumen suficiente para que PSOE e PODEMOS formen un goberno no que os galegos teñamos voz e poder de decisión.
O día 28A os galegos debemos lembrar que En Marea xa votou contra Galicia e a favor de Madrid e Cataluña por dúas veces, co ave è cos orzamentos, e votou de ese xeito porque non pensan en Galicia e os galegos e galegas, pensan nas súas loitas de poder interno e nos sillóns, só fai falta lembrar, votar a mirada atrás e conseguir otearo horizonte do pasado recente para saber que interés teñen por Galicia.
Eu voltarei galicia, eu voltarei BNG, eu voltarei por ter voz propia, eu e todo o grupo de Xuntos, porque creemos que Galicia ten capacidade para ser unha grande potencia dentro do estado español, porque creemos que podemos ser importantes, porque como ex-corrente interna de Podemos coñecemos a inferioridade de Podemos e de En Marea, e por iso, por conecemento, votarenos BNG, votarenos Galicia